Jornada ISSGA 16/05/18

Os Regulamentos REACH e CLP son dous importantes instrumentos legais promulgados co obxectivo de asegurar o uso seguro das substancias, mesturas e artigos que conteñen substancias, á vez que se xera información sobre os seus efectos para protexer con iso a saúde das persoas e os ecosistemas.

Pasou máis dunha década da publicación de REACH e están a piques de cumprirse os períodos transitorios que fixaba ata chegar a unha aplicación total, polo que este é un bo momento para lembrar as súas implicacións e expectativas: que os usuarios industriais e profesionais das substancias e mesturas veranse máis protexidos dos riscos laborais porque se incrementa a información sobre elas, considerando ademais o grao de exposición de persoas e ecosistemas, e mellora a comunicación a través da cadea de subministración, principalmente a través das Fichas de Datos de Seguridade ( FDS) e a información presente na etiquetaxe.

O vindeiro 16 de maio terá lugar no Centro ISSGA da Coruña a Xornada Regulamentos REACH e CLP.

PROGRAMA E INSCRICIÓN